Blogia

Andresadas

As grandes caídas do Mundial...

As grandes caídas do Mundial...

Que mágoa que non poidamos disfrutar de grandes seleccións e en particular, de grandes xogadores por mor de que non foran capaces de clasificarse.

África foi a que máis sorpresas deu. Non estarán os Eto´o, Lauren, Wome... Non foron capaces de vencer a Exipto... Empate a un, un penalti no minuto 94´, Wome dispara coa esquerda... eeeeee... o pao! Desta maneira, a selección de Costa de Marfil pode berrar e celebrar por todo o alto a participación no mundial... Ó mesmo que Togo, que logrou deixar fóra do Mundial á selección revelación de Xapón e Corea 2002: Senegal... E seguimos... Nixeria tamén é outra das grandes africanas que queda eliminada, neste caso por Angola... Suráfrica non asistirá tampouco a Alemaña, xa que Ghana gaña unha participación no mundial... Marrocos continúa ausente nos torneos internacionais dende Francia 1998. No seu lugar vai Tunicia...

En Europa, a campiona da pasada Eurocopa non estará. Grecia quedou carta nun grupo moi complicado, no que tamén estaban Dinamarca (otra das grandes ausentes en Alemaña), Turquía (terceira no pasado Mundial) e Ucraína, a cal quedou primeira de grupo, para sorpresa de todos. Romanía non foi capaz de facerse un hoco entre os dous primeiros postos do grupo 1, xa que tiña ante ela a dúas rivais potentes coma a República Checa e Holanda. Rusia quedou fóra no último momento e cedeulle a praza da repesca a Eslovaquia, toda unha revelación. Letonia, aínda que logrou clasificarse á pasada Eurocopa non foi quen de clasificarse no difícil grupo 3. O Eire quedou fóra por un punto, e Suíza logrou a praza de repesca coma cabeza de serie. Eslovenia (unha selección revelación nos últimos anos, co seleccionador serbio Katanec) non foi capaz de clasificarse, tendo a duros rivais coma Italia e Noruega. Escocia intenta reverdecer vellos laureis de Francia 1998, e queda outro ano máis fóra da cita futbolística. Bélxica xa non é coma aquela que quedou cuarta no mundial de México 1986, e non foi capaz de clasificarse no grupo de España, e quedou relegada ó carto lugar, por debaixo de Bosnia. Bulgaria tampouco é a que quedou cuarta no mundial de Estados Unidos 1994, e non puido con Suecia e Croacia no grupo 8.

Por outra banda, China non puido repetir a participación de Corea e Xapón no 2002, e foi eliminada por Uzbekistán, xa na primeira fase. En substitución do xigante asiático vai Irán. Agora só queda por saber os partidos de repesca... Cómo serán?

España: de San Marino á repesca

España: de San Marino á repesca

Non era de estranar que España ía gañar fronte a feble selección do microestado de San Marino. Os goles eran os necesarios para ser primeiros de grupo se Serbia erraba ante Bosnia, empatando ou perdendo... Pero non foi así. Os serbios fixeron ben os seus deberes gañando por 1-0 ante os bosnios. España quedou así segunda de grupo con 20 puntos, e tendo que disputar a repesca. Por sorte, a selección foi encadrada como cabeza de grupo, e non terá que enfrontarse ante a República Checa ou Turquía. Na repesca, poden tocar tres rivais: Noruega (o cal xa eliminaron na anterior repesca para a Eurocopa 2004 de Portugal), Suíza (unha nación emerxente no panorama futbolístico, cun galego no vestiario, Ricardo Cabanas, xogador do Grashoppers) e Eslovaquia (un rival descoñecido, pero que por méritos propios está a facer grandes cousas).

O partido transcourreu con facilidade no estadio Olímpico de San Marino. Aínda así, puideron entrar moitos máis goles, se Federico Gasperoni non o evitase... Estreouse coma goleador na selección Antonio López, cun trallazo coa esquerda dende fóra da área. Sergio Ramos continuou coa goleada, estreándose por partida dobre, e "O Neno" fixo un hat trick para completar o 6-0. Ó longo do partido, todas as miradas estaban postas no Pequeno Maracaná de Belgrado, onde, un vermellibranco (Mateja Kezman), acaba coas esperanzas de non ir á repesca. Agora toca esperar... Que selección será?

Quen van ó Mundial de Alemaña?

Quen van ó Mundial de Alemaña?

A continuación os equipos que están xa clasificados para o Mundial de Fútbol de Alemaña 2006:

Europa: Alemaña (coma anfitriona), Holanda, Ucraína, Portugal, Francia, Italia, Inglaterra, Polonia, Serbia, Suecia e Croacia.

América do Norte: Estados Unidos, México e Costa Rica.

Sudamérica: Brasil, Argentina, Ecuador e Paraguai.

África: Togo, Ghana, Costa de Marfil, Angola e Tunicia.

Asia: Arabia Saudita, Corea do Sur, Xapón e Irán.

I live at home in a trailer...

I live at home in a trailer...

Esta curiosa versión de Sweet Home Alabama está cantada polo rapeiro Eminem na súa película 8 Millas. O protagonista é un vagamundo de Detroit que traballa nunha planta de chapado e non ten cartos algún para sobrevivir. Trala ruptura coa súa moza, regresa o código 810 coa súa nai, que vive nunha caravana. Co seu colega Future, compón esta canción.

Clica aquí para descargar

O Neng... Todo un fenómeno...

O Neng... Todo un fenómeno...

Clica aquí para descarga-la presentación do Neng en Antena 3

Que pasa neeeeeeeng?? Esta é unha dos saúdos máis coñecidos no panorama actual. Escóitase á xuventude, a nenos, adultos e anciáns... Todo o mundo coñece a este personaxe creado no programa da Televisión Catalana, Una Altra Cosa, presentado por Andreu Buenafuente... Este personaxe pasou a ser de ámbito rexional a nacional, aparecendo en Antena 3... A tempada pasada foi todo un fenómeno de masas, e toda a audiencia esperaba os xoves (cando el aparece habitualmente no programa), para que saíra co seu particular baile, co seu peculiar vehículo e co seu orixinal saúdo: Que pasa neeeeeeeng!!??... Este segundo ano de Buenafuente continúa saíndo por televisión, facendo aparicións asombrosas fronte os invitados máis novedosos e famosos do show. Por que foi el o máis seguido? Hai máis personaxes en Buenafuente, pero ningún tan coñecido nin re-coñecido coma el... Esperemos que continúe facéndonos rir coma sempre...

Ó final foi Eslovaquia...

Ó final foi Eslovaquia...

Hoxe celebrouse na sede oficial da FIFA en Zurich, o sorteo que daría en azar o rival fronte o que a selección española se tería que enfrontar para a repesca... Tocou Eslovaquia, rival case descoñecido para a selección, pero que terá que ser derrotado se o combinado español quere estar na próxima cita mundial no 2006 en Alemaña. O partido de ida será na casa o día 12 de novembro, a Federación designou o Vicente Calderón coma estadio para disputa-lo encontro e a volta será en Eslovaquia catro días despois... Ó final non foi a xa coñecida Noruega, nin a brillante Suiza (que case manda á respesca a Francia), senón o rival que menos lle gustaba a Luis Aragonés. Agora hai que tratar de superar os "malos rollos" existentes entre os xogadores e tratar de vencer á selección eslovaca. Por mor de non clasificarse de 1º de grupo, a selección non será cabeza de serie na Eurocopa do 2008, co cal, poden tocar na primeira fase os rivais máis temidos...

Agora en serio, é lamentable que unha selección coma a española teña que superar unha repesca, cando lle asignaron un grupo tan asequible coma este... Ningún rival de renome, pero Serbia soubo xogar con humildade e con entrega, non coma os nosos xogadores... En realidade, se a selección non vai ó Mundial non sería algo coma para levarse as mans á testa... Meréceno, por fachendosos, por creídos, por chulitos...

O regreso de Bermejo á Malata foi amargo...

O regreso de Bermejo á Malata foi amargo...

Mario Bermejo regresaba á Malata pero con distinta camisola. Agora non lucía a camisola verde coa que estabamos acostumados a ver ó basco correr polo campo ferrolán. O dianteiro fichado polo Albacete deu conta do seu trofeo Pichichi na pasada campaña con dous goles fronte o seu ex-equipo. Nunha Malata a rebosar, Bermejo coa súa nova camisola branca da entidade manchega, foi o heroe e o líder do partido, que rematou en victoria para os visitantes por 2-3.

A pesar de adiantarse o Racing cun tempranero gol de Aira no minuto 8, Pacheco igualaba a contenda vinte minutos máis tarde. Os erros defensivos do Racing foron determinantes, xa que ainda que o equipo triangulaba e facía circular ben o balón, os manchegos souberon aproveitar os agasallos brindados pola zaga galega. No último cuarto de hora e en apenas cinco minutos, Mario Bermejo marcou os dous goles que deron o triunfo o Albacete, e pese a non celebralos por cortesía, a Malata tivo que tragar un nú grandísimo na gorxa... No desconto e trala expulsión do gardamallas do Albacete, Sanzol, Baha recurtou distancia para o Ferrol de penalti... Pero as cousas seguen mal para os irmáns Veiga... Agora mesmo son antepenúltimos con tan só cinco puntos e catro derrotas nesta tempada...

Na Segunda B, o derbi galego entre o Negreira e o Celta B atopou un vencedor coruñés. O Negreira endosoulle un contundente 4-0 ó Celta B, quizais excesivo xa que o Celta non fico tan poucos méritos coma para recoller tantos balóns das súas redes... O Ourense recibiu unha goleada do Raio Vallecano no Couto por 1-4. O Raio é un equipo en expansión, e con claras opcións a regresar á categoría de prata... O Pontevedra recupera folgos logo da súa victoria en terras canarias contra o Vecindario... Un solitario gol de Charles dálle un respiro ós de Argibay... Todos os galegos están na metade da táboa: o Pontevedra noveno, o Ourense décimo, o Celta B undécimo e o Negreira décimo terceiro... Mentres non estean máis abaixo...

Team America: A policía do mundo

Team America: A policía do mundo

Descargar arquivo torrent para baixa-la película

Gary Jonhston é unha estrella que ten un espectáculo en Broadway... Tras unha actuación titulada Lease (O tema principal da canción é Todos teñen SIDA), o actor recibe a visita de Spottswoode... Resulta ser o xefe do comando de operacións internacionais máis importante dos EEUU: Team America, a policía do mundo. Despois da perda dun dos seus colaboradores nunha operación en París (onde destrúen entre outros, a Torre Eiffel, o Arco de Constantino, o museo do Louvre e Notré Dâme), o equipo precisa de Gary para que se infiltre como espía nun comando terrorista, e averiguar onde se van a realiza-los próximos ataques... Logo dunha misión en Exipto, onde Gary é perfectamente caracterizado coma árabe, consiguen derrocar os plans terroristas. Mentres tanto, xorde o amor entre unha das integrantes do grupo (Lisa) e Gary, logo de que Lisa perdera o seu mozo na misión de París.

Pero non todo estaba solucionado... Parece ser que os terroristas tiñan un suministro fiable de armas de destrucción masiva... Quen era o suministrador? Pois nin máis, nin menos que Kim Jong Il, presidente da República de Corea do Norte. Tras un ataque terrorista en Panamá, no que morren centos de persoas, Team America é fortemente criticado por toda a opinión pública, ademáis de por personaxes coma Michael Moore (o cal acaba volando a base da forza policial), e organización coma o Gremio de Actores Ianquis, entre eles: Alec Baldwin, Danny Glover, Helen Hunt, Susan Sarandon, Tim Robbins...

O ordenador do Team America (INTELIXENCIA) enviounos hacia Corea do Norte, logo de procesar multitude de datos e interceptar chamadas terroristas... O Team America, logo do desahucio e rechazo de Gary, diríxise a súa nova misión, aínda que as forzas de Corea do Norte pilláronos, como quen di, en pelotas... Despois de ser raptados... Coma rematará esta historia? Recomendo esta película para todos aqueles que teñan un bo sentido do humor e saiban como está o mundo e as relacións internacionais na actualidade, xa que, a película, se peca dalgo, é de sinceridade...

Bunny Rabbit é un obreiro diferente

Bunny Rabbit é un obreiro diferente

A continuación, logo de ofrecervos a versión de Sweet Home Alabama da película 8 millas, trocada polo protagonista Eminem por I live at home in a trailer, colócovos un enlace para adentrarvos no mundo das battles ou batallas de rap; unha especie de regueifa estadounidense. Bunny Rabbit(Eminem) é o protagonista da película. Traballa nunha fábrica de chapado, están a face-la cola para espera-la súa comida, que teñen que apresurarse a comer en menos de trinta minutos antes de voltar ó traballo. Enfrente o camión de reparto da comida, dous empregados comezan a batirse, e logo por medio, aparece B-Rabbit... Esto é o que resulta

Clica aquí para descargar...

O resto dos partidos internacionais...

O resto dos partidos internacionais...

Ademais do partido da selección española fronte a Bélxica, disputáronse numerosos encontros...

Zona UEFA

República Checa- Holanda 0-2
Finlandia- Rumania 0-1
Dinamarca- Grecia 1-0
Ucrania- Albania 2-2
Georgia- Kazajistán 0-0
Portugal- Liechtenstein 2-1
Rusia- Luxemburgo 5-1
Eslovaquia- Estonia 1-0
Suiza- Francia 1-1
Chipre- Eire 0-1
Israel- Islas Feroe 2-1
Italia- Eslovenia 1-0
Escocia- Bielorrusia 0-1
Noruega- Moldavia 1-0
Inglaterra- Austria 1-0
Irlanda del Norte- Gales 2-3
Bélgica- España 0-2
Bosnia- San Marino 3-0
Lituania- Serbia 0-2
Croacia- Suecia 1-0
Bulgaria- Hungría 2-0

Zona CONMEBOL
Argentina- Perú 2-0
Bolivia- Brasil 1-1
Venezuela- Paraguay 0-1
Ecuador- Uruguay 0-0
Colombia- Chile 1-1

Zona CAF
Senegal- Mali 3-0
Congo- Togo 2-3
Uganda- Burkina Faso 2-2
Suráfrica- R. D.Congo 2-2
Cabo Verde- Ghana 4-0
Benin- Libia 1-0
Sudán- Costa de Marfil 3-0
Camerún- Egipto 1-1
Gabón- Argelia 0-0
Nigeria- Zimbabue 5-1
Ruanda- Angola 0-1
Túnez- Marruecos 2-2
Botsuana- Guinea 1-2
Malawi- Kenia 3-0

Antena 3 non respeta nada

Antena 3 non respeta nada

Moitos de vostedes viron o partido que enfrontou a España contra Bélxica no estadio Rei Balduino de Bruselas. Puideron observar que, nas vallas publicitarias electrónicas sitas nas bandas do campo, os reclamos publicitarios non tiñan pinta de proceder de Bélxica... A non ser que os belgas sexan afeccionados tamén o brandy Garvey da casa da familia Ruiz Mateos, ou teñan a liña ADSL de Ya.com...

Antena 3, como boa canle privada, basa o seu presuposto na contratación dos espazos publicitarios, pero... non é isto excesivo? Non se debería respetar a publicidade que colocan os anunciantes belgas? Cánto diñeiro recaudaría Antena 3 con toda a broma?...

Sinceramente, o respeto e a cordialidade das canles de televisión non existe. Non só por este incidente, senón por moitos outros que transcorren ó longo dos anos... Non é ilegal colocar anuncios durante os informativos?... Xa todo da igual...

Outro chiste de Bush...

Outro chiste de Bush...

O programa de Antena 3, Buenafuente, emitido de martes a xoves a partir das 0.15 horas, ten por costume sacar ó presidente dos EEUU moi solto e contando chistes. Este vídeo fai gala delo, aínda que o chiste non está tan inspirado como o de Nano, este tampouco ten desperdicio ningún

Clica aquí para descargar

dsadasdsad

asdasdasadsdas

9 songs... Unha película experimental

9 songs... Unha película experimental

Lisa é unha estudante que decidiu desplazarse a Londres para continuar coa súa carreira universitaria, para relaxarse un pouco. Nun concerto de Black Rebel Motorcycle coñece a Matt, o cal namórase perdamente dela. Xorde o amor e ó longo do filme vemos como transcorre a sua relazón, e a medida que pasa o tempo escoitamos cancións de diferentes grupos, aos que os protagonistas asisten. Grupos como The Von Bondies, Elbow, Primal Scream, The Dandy Warhols, Super Furry Animals, Franz Ferdinand e Michael Nyman. Mentres soan nove cancións de todos estes intérpretes, os protagonistas pratican o acto sexual, con xeito cómico, xa que o realizano en ocasións, ao ritmo da canción. Ao chegar as festas do Nadal, Lisa ten que tornar ao seu lar, e a relazón acábase de forma tráxica.

Entre algunhas curiosidades do filme podemos destacar que foi rodada sen guión, foi filmada con cámaras de vídeo dixitais sen iluminación extra. A actriz protagonista, Margo Stilley, era debutante e foi descuberta vai escasos meses nunha academia de extras e modelos. O actor que comparte protagonismo con ela é Kieran O'Brian. Ademáis,recibiu o premio no festival de San Sebastián á mellor fotografía, dirixida por Marcel Zyskind.

No filme dáse renda solta ós desexos sexuais dos protagonistas( en pantalla durante todo o filme, o resto de actores son figurantes simplesmente). Co curioso formato de empregar cancións coma sinal de que a parella vai manter unha relación sexual, o seu director, Michal Winterbottom, relata unha fermosa historia de amor.

A polémica que este filme causou é brutal, pero eu non creo que se trate de pornografia, senón dun filme erótico, e un tanto estrano, que ao público ou entusiasma ou desespera. Para isto, non hai termo meio.

A boda real por Luis Moya

A boda real por Luis Moya

Todos lembramos como foi a ceremonia que supux o enlace matrimonial entre o príncipe Felipe e Doña Letizia Ortiz, feito que se produxo hai un ano e medio, exactamente o día 21 de maio de 2004. Tódalas canles de televisión retransmitiron en directo, pero pasaron por alto a un locutor ilustre que o faría todo máis ameno e divertido. Este vídeo procede do programa UHF, e está distribuido polos nosos amigo de El Rellano.

Disfruten do vídeo... Descarga directa

Os audios de Hai que botalos

Os audios de Hai que botalos

Cal é o motivo de que tiveramos que botalos nestas últimas eleccións? O equipo de Hai que botalos recopilou estas grabacións para concienciar os galegos de que pode haber un futuro millor... Xa os botamos!

1- A paseo
2- A anomalía
3- No repetir
4- Ecologistas radicales
5- Sin condón
6- He dicho que no
7- Repugna os matrimonios gays
8- Leyes asquerosas
9- Non me queda moito tempo

O rap do condón de Don Manuel

O rap do condón de Don Manuel

Todos sabemos que Don Manuel dixo: "Desde siempre he dicho las verdades sin condón, y pienso morirme sin poner uno". Un grupo de amigos decidiu facerlle unha canción a Don Manuel, na que se explica cal é o motivo polo cal o noso EXPRESIDENTE non pon preservativo nunca, humor, risas e comicidade neste rap en castelán

Clica aquí para a descarga

Fernando Alonso queda terceiro sendo xa o campeón

Fernando Alonso queda terceiro sendo xa o campeón

No circuito de Suzuka, Fernando Alonso quedou de terceiro, e acadou o seu primeiro podio neste gran premio, aínda que o piloto considerou que a estratexia empregada polo seu equipo foi moi, moi equivocada. O seu principal rival, Kimmi Raikonnen rematou primeiro, aínda que Fernando, con 123 puntos, xa é o gañador do mundial, el espera acabar co maior número de puntos posible. Juan Pablo Montoya non puido acaba-la carreira debido a un erro na viraxe dunha curva do circuito, que obrigouno a abandonar...

A selección española de fútbol gaña a Bélxica

A selección española de fútbol gaña a Bélxica

O equipo español de fútbol gañou onte a Bélxica por dous goles a cero. Durante os primeiros corenta e cinco minutos a selección estivo moi gris, sen apenas inquedar a porta de Proto, a defensa belga estivo fenomenal e salvou a súa escadra de forma providencial. A selección pecou de exceso de confianza, e esperaba atoparse co mesmo equipo da ida, pero non foi así. Mpenza, Buffel e o capitán Goor tentaron marcar algún gol a Casillas, pero na segunda metade, a entrada de Reyes e Villa na selección española refrescou o encontro. Dous pases do xogador do Arsenal rematados de forma espectacular polo dianteiro do Atlético, Fernando Torres, acabaron coas esperanzas belgas de poder clasificarse para o mundial. "O neno" foi o heroe da noite, e logrou que os afeccionados recuperasen a súa ilusión e credibilidade no combinado español.

Quero amuebla-lo piso...

Quero amuebla-lo piso...

No programa de Telecinco La Noche con Fuentes y Cía, pudimos comprobar a calidade do grupo Amaral durante a pasada temporada deste programa. O humorista Quequé foi artífice dunha das cancións máis cachondas da televisión. O grupo Amaral co seu novo disco Pájaros en la cabeza, e o seu éxito El universo sobre mi, versionou ese single, gracias a unha letra proporcionada polo colaborador de Fuentes. A canción titúlase El universo en mi jardín, e trata de dar un toque reivindicativo, posicionándose totalmente en contra da nova proposición da ministra de crear os xa famosos minipisos.

Andresinho ofrécevos a canción para todos vós. Clica aquí
A continuación, a letra, a ver si vos gusta (lóxicamente, está en castelán):

Sólo tengo una vela
encendida en medio de mi casa
no me cabe más aquí.
Son veinte metros cuadrados,
por cuatro metros de alto,
y yo duermo de perfil.
Gracias a Trujillo y a su invento,
ahora tengo apartamento
y parezco tan feliz;
pero en este cacho de cemento
no hay manera de vivir
Quiero vivir
quiero un sofá
quiero sentir
el universo en mi jardín.
Quiero correr por el salón
Quiero amueblar mi piso,
sólo amueblar mi piso...